BIO

Foto: Sabela Eiriz

Pontevedra, 1992

Estuda Comunicación Audiovisual na Uvigo, un Máster de Dirección de Cine na ESCAC e Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo.  

A Estación Violenta é a súa primeira longametraxe. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois producida por Matriuska e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xose Barato e Antonio Durán Morris. Esta película viaxa por Festivais Internacionais entre os que destacan o BAFICI en Bos Aires, o SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla, Cineuropa, D’A de Barcelona, Sanfic, FICCALI ou Cinespaña Toulousse. Ademais a película foi estreada comercialmente e continúa a súa distribución por filmotecas e cineclubes de todo o estado. 

En 2019 estrea a curtametraxe Analóxica, producida por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación Sed que forma parte de las Residencias Artísticas Injuve 2019.

Traballa o guión, a dirección e a produción de cine e audiovisual. Interésalle o corpo e a palabra, os seus traballos tenden a incorporar poesía, literatura e oralidade á vez que exploran o físico, o animal e a relación coa terra. Formalmente explora a relación entre os formatos dixital e analóxico (Super 8mm e 16mm).